Tritón ibérico

Nome Común: Tritón ibérico

Nome científico: Lissotritón boscai

Sabías que?

Durante a fase terrestre, os adultos, en certas situacións de perigo, exhiben unha postura característica denominada reflexo de Unken, que consiste en arquear o corpo, levantando a cola e a cabeza e estirando as extremidades, mostrando así a coloración alaranxada ou avermellada da zona ventral do corpo, cabeza e cola. Ao principio da fase acuática, os adultos mostran actividade crepuscular, pero conforme avanza o período reprodutor tende a estender a súa actividade ao período diúrno. A actividade estacional é variable, no norte poden estar inactivos no inverno, mentres que nas poboacións do sur, o período de inactividade sitúase no verán. Os tritóns galegos son os que acadan maior tamaño, mentres que por baixo desta área e até a serra de Huelva os tritóns alcanzan un tamaño similar, ao redor dos 72 mm. Os tritóns ibéricos das illas de Ons e Sálvora teñen un talle menor. A presenza de tritóns indica que a calidade da auga é moi boa.
Ir al contenido