Etapa 7 Portela de Figueiras – Portela de Villestro
XIRO DE COMPOSTELA
XIRO DE COMPOSTELA
A etapa comeza na aldea de Portela de Figueiras e discorre polo monte ata chegar á aldea de Piñor, onde podemos parar a refrescarnos na fonte e desfrutar do seu entorno.
Adentrámonos nunha carballeira ata chegar ao río Roxos, onde aínda se conservan os restos de dous antigos muíños. A senda, á sombra dos carballos, transcorre en paralelo ao río ata a ponte que nos achega a Reborido, última aldea antes do ascenso ao monte O Luceiro.
Presenciamos durante a subida o nacemento do regato do mesmo nome para, xa na cima, desfrutar dunha espectacular panorámica con perspectiva 360º. Na zona destaca a presenza de petróglifos como o de O Alto do Penedo Branco, xusto no cumio, e outros que atoparemos tanto no propio itinerario coma nas proximidades. É posible avistar nesta zona algún coello ou a pegada dalgún xabaril.
O último tramo, descendendo o monte Os Cortellos, concentra o maior número de gravados rupestres datados da Idade do Bronce, destacando o de A Loba de representación animal. Nas proximidades hai un miradoiro que nos ofrece unha bela perspectiva do val.
Despois de percorrer un pequeno tramo que coincide co Camiño de Fisterra cruzamos a AC-453 para finalizar a nosa etapa.
Distancia horizontal: 8,3 km
Tempo estimado: 2h 50´
Desnivel de subida: 350m
Desnivel de baixada: -573
Tipo de percorrido: Travesía
Aldea de Portela de Figueiras
Inicio da etapa: coordenadas
Líña de Autobus: LP1 Senra / San Clemente / Carmen de Abaixo / Casas do Rego / Figueiras (dir. Folgoso). Parada: Igrexa de Santa María de Figueiras (Parada 244)
Desde a aldea de Portela de Figueiras