Etapa 5 Igrexa de Grixoa – Castromaior

XIRO DE COMPOSTELA

A ruta comeza á beira da igrexa do século XVIII de Santa María de Grixoa. Na zona tamén se atopan un cruceiro con tallas de Cristo e da Virxe e a casa reitoral, que conta cun hórreo e un pombal.

O carreiro transcorre por unha carballeira que nos leva ás casas da aldea onde está a fonte de Ponte Vilar de 1824. Volvémonos adentrar no bosque, onde a auga nos sorprenderá coa súa presenza de forma insospeitada. Avanzamos para cruzar o río Oufín a través da súa ponte, deixando nas proximidades dous muíños.

Continuamos por carreiros bordeados por muros de pedra, terras de cultivo e bosques que convidan o recollemento. Cruzamos a aldea de Pontealbar, terra cargada de historia e lendas, onde predominan construcións tradicionais e continuamos gozando da paisaxe onde predominan o bosque, a auga e os penedos.

Preto da nosa ruta, se no fondo do barranco nos desviamos á man dereita, atoparemos unha zona para gozar do musgo, árbores singulares e saltos de auga do río Tambre.

Continuamos o noso camiño ata albiscar a hidroeléctrica do Tambre. A partir de aquí a pendente do camiño cambia e faise máis pronunciada, con tramos abruptos e rochosos. Preto do carreiro, á altura de Vilar de Rei, está A Pedra que Fala, petróglifo de gran interese.

Finalizamos coroando Castromaior a 521 metros de altitude onde desfrutar do castro. As vistas son inmellorables alcanzando os montes Pico Sacro, Fontecoba e o Pedroso e mesmo a central térmica de Meirama en días claros.

Perfil da etapa

Download file: xg-iglesia-de-grixoa-castro-maior-gl.gpx

Dificultade

Distancia horizontal:  11,1 km

Tempo estimado:  3h 40´

Desnivel de subida:  699m

Desnivel de baixada: -452

Tipo de percorrido:  Travesía

Como chegar

Igrexa de Santa María de Grixoa

Inicio da etapa: Coordenadas

Líña P7: Porta do Camiño / Pardaces / Peregrina / Grixoa

Accesos dispoñibles

Estrada de Chaián

A vista de paxaro

Ir al contenido