Etapa 6 Monte de Conxo – Monte Santas Mariñas

XIROS DE COMPOSTELA

Panorámicas inéditas e recunchos descoñecidos no medio da realidade urbana

Iniciamos esta etapa no monte de Conxo, pechado na súa parte posterior polo muro que delimitaba as antigas propiedades do mosteiro de Conxo, cunhas fermosas vistas de Compostela. Comezamos o descenso por unha contorna onde conviven as novas arterias de comunicación con zonas agrícolas. A seguir entramos nunha carballeira espectacular, con moita flora de ribeira, que nos atrapará nun enclave que conxuga a pedra e a auga. Gozaremos dunha fonte e dun lavadoiro tradicional de pedra que aínda conserva as súas grandes laxas, aproveitando a auga do río cuxo arrolo nos acompañará durante un tramo ata chegar á aldea do Casal. A nosa etapa segue por un tramo máis urbano ata o parque do Combarro, onde nos atoparemos unha zona empedrada con bancos onde facer un pequeno descanso. De aquí avanzamos ata Lamas de Abade, aldea pola que iremos serpeando ata chegar ao monte das Santas Mariñas onde as vistas de Santiago poñen o broche final.

Perfil da etapa

Download file: xiros-de-compostela-etapa-6.gpx

Dificultade

Distancia horizontal: 3,6 km

Tempo estimado: 0h 55´

Desnivel de subida: 103 m

Desnivel de baixada: -79 m

Tipo de percorrido: Travesía

Como chegar

Monte Conxo

Inicio da etapa: coordenadas

Liña 5: Vite/Conxo/Rocha

Parada: Torrente Nº28

Accesos dispoñibles

Chégase desde a Av. de Antonio Fraguas/SC-20 cara a Rúa de Sánchez Freire. Toma a saída 7 desde Av. de Antonio Fraguas/SC-20.

E preto tamén podes ver

Merendeiro no Banquete de Conxo

BANQUETE DE CONXO

Contorna ideal para amantes da natureza, podes pasear, facer un pícnic no seu gran merendeiro ou descansar.

Coordenadas

Lavadoiro no Outeiro

LAVADOIRO DO OUTEIRO

Mina de auga, con lavadoiro de granito con dous lados para lavar.

Coordenadas

Igrexa da Nosa Señora de Fátima

IGREXA NOSA SEÑORA DE FÁTIMA

Igrexa de planta rectangular, clasicista, con campanil dun vano. Fiestra en arco e porta alintelada.

Coordenadas

Capela Divina Pastora

CAPELA DIVINA PASTORA

Capela de planta rectangular con pequena edificación anexa ao lado esquerdo.

Coordenadas

Cruceiro Divina Pastora

CRUCEIRO DIVINA PASTORA

Cruceiro do tipo de crucifixo, con gradaría cuadrangular, cruz cilíndrica. Ten un Cristo estilizado inclinado e no reverso un santo.

Coordenadas

Tamén che pode interesar

Camiños, historia e patrimonio impregnado de lendas

Conxo, un lugar por descubrir! Adéntrate na súa historia e saberás que foi un concello independente, berce da poetisa Rosalía de Castro, terra que translucirá en obras como, En las orillas del Sar. Aquí comezou tamén a súa andadura o primeiro ferrocarril galego.

En 1873, entra en servizo a primeira liña férrea que une Conxo e Carril, constituíndo unha arteria de retroalimentación durante anos de produtos dos portos, agrícolas e gandeiros. No verán permitíalle tamén a moitos composteláns poder desfrutar dunha praia que a capital non tiña.

A riqueza etnográfica é múltiple. Atoparemos un castro prerromano, un dos petróglifos máis famosos de Galicia, o mosteiro de Conxo  e o “manicomio”(actual hospital psiquiátrico). Non esquecemos o río Sar que alimenta e dá valor a numerosos muíños, pontes… E toda esta historia está envolta por distintas lendas como a que dá orixe ao seu nome: Conxo derivaría  de Canogio o nome dun infortunado amante e peregrino asasinado por  un conde celoso que pretendía a súa moza.

Link to: Historia de ConxoFollow a manual added linkFollow a manual added link
Ir al contenido