Biofilia

As cidades necesitan árbores

As cidades necesitan árbores, as persoas natureza

A maior parte dos seres humanos  experimentamos una tendencia innata a achegarnos á natureza e de sentirnos en sintonía con ela.

Esta necesidade de afiliación  e vinculación emocional con outras formas de vida, co hábitat e co medio, é algo que está fondamente enraizado no noso ser.

Tal e como relatou o biólogo Edward Wilson, a quen lle debemos o desenvolvemento da hipótese da BIOFILIA,  aínda que este termo xa fora empregado por Erich Fromm, o 99% da historia da humanidade transcorreu en estreita vinculación coa natureza.

A nosa existencia nunha realidade tal e como a coñecemos hoxe en día, cada vez máis urbana, tan só ocupa unha pequena porcentaxe da nosa historia como especie.

A presenza nas  nosas cidades de ambientes con vexetación e zonas verdes coas que hai que  interactuar, non só é necesaria para preservar a biodiversidade,  a absorción de CO2, ou facer sombra en días de calor, senón  tamén porque espertan algo moi fondo e atávico no noso interior, exercendo un efecto reconstituínte e curativo.

“O intercambio home-natureza repercute na intelixencia, nas emocións, na creatividade, no sentido estético, na expresión verbal e na curiosidade”

Wilson

Trastorno por déficit de natureza

Nos últimos tempos o contacto coa natureza na poboación infantil, diminuiu considerablemente.

O 82% dos nenos de 0-12 anos en España, xoga ao aire libre menos do tempo que recomendan os expertos, así se afirma nun estudo elaborado polo Instituto Tecnolóxico de Produto Infantil e de Ocio (AIJU, 2019). Gabear por unha árbore, xogar con area ou lama, á pita, saltar as pedras no río ou descubrir formas  nas nubes  foron perdendo peso frente a xogos, na súa maioría electrónicos que fomentan o sedentarismo e unha escasa socialización.

Paralelamente, o acceso a lugares naturais ou naturalizados para o xogo, en moitas cidades é  cada vez máis complicado. Tal e como mantén Heike Freire, cada vez volvémonos máis urbanitas e tecnolóxicos.

Todo isto é un campo de cultivo para o que R. Louv, chamou no seu libro “Os últimos nenos nos bosques” o trastorno por déficit de natureza,  trastorno que ten moito que ver co estrés e depresión infantís, a obesidade, o trastorno por déficit de atención, etc,..

Para contrarrestar estes efectos, o autor recéitanos a “Vitamina N”,  N de natureza que tantos beneficios nos proporciona. Os nenos e nenas, cando pasan tempo en contacto con ambientes naturais, están en movemento e a través del desenvolven os sentidos, a intelixencia espacial, a atención, a creatividade, a autonomía, etc,… tamén se  encontran máis relaxados, son máis colaborativos porque hai máis interacción e xorden  menos conflitos. Polo mesmo é un escenario ideal para o xogo libre e non estruturado, para dar renda solta á imaxinación, onde un pau, unha pedra poden ser un universo de posibilidades.

O contacto coa natureza é esencial para un desenvolvemento infantil integral,  a nivel físico, mental, emocional e espiritual. Todos estes son argumentos para habilitar e dar valor a espazos e recursos que posibiliten o contacto coa natureza, espazos verdes  para a poboación e especialmente para a infancia.

Trastorno por déficit de natureza

Baños de Bosque (Shinrin Yoku)

O “Shinrin Yoku” é  un termo xaponés que significa ‘internarse no bosque’ ou ‘bañarse no bosque’.

Expresión creada  pola Axencia Forestal Xaponesa, en liña coa tradición sintoísta de respecto e conexión coa natureza,  foi unha práctica introducida na década dos 80 como parte dun programa nacional de saúde destinado a unha poboación con altos niveis de competitividade e estrés.

Trátase dunha práctica contemplativa para estimular todos os sentidos mentres estamos en contacto coa natureza, o bosque, etc,.. permitindo que o corpo se autorregule, se tranquilice, etc,..

Tal e como mantén o inmunólogo Dr. Qing Li, o maior experto mundial en Medicina Forestal,  autor do libro “O poder do bosque” e  pai deste movemento, os baños de bosque poden axudarnos a:

  • Diminuír o estrés.
  • Reducir o azúcre no sangue.
  • Mellorar a saúde cardiovascular e metabólica.
  • Mellorar a concentración.
  • Contribuír a unha mellor saúde mental.
  • Diminuír a dor e mellorar a nosa inmunidade.

Pasear polo bosque, supón somerxerse nunha experiencia sensorial tranquila, relaxada onde disfrutar  de cores, cheiros, do tacto,  dos sons do bosque e tamén do silencio. É o pracer de camiñar por camiñar sen présa, sen metas, contemplando e descubrindo o que nos rodea, a un ritmo moi diferente ao deste mundo cada vez máis acelerado, deixando que a natureza actúe mentres nos sentimos parte dela.

Os “Xiros dos Montes de Compostela”, ofrécenche tramos onde poderás somerxerte na natureza e tomar un baño de bosque.

A natureza fonte de saúde, os seres humanos fonte de contaminación

A natureza para os seres humanos, como para o resto dos seres vivos, é fonte de sustento, de saúde, de recursos,etc,..

Con todo, desgraciadamente é habitual ver espazos naturais contaminados, suxos, con plásticos ou cabichas ou convertidos en vertedoiros debidos á acción humana.

Fotos coma estas, recollidas durante o acondicionamiento dos Xiros de Compostela testemuñan una falta de civismo e de respecto a unha natureza que nos da todo e sen a que a supervivencia da nosa especie e do resto do planeta sería inviable.

Nun planeta cada vez máis contaminado, con retos pendentes preocupantes como o cambio climático, a contaminación, deforestación, desertificación, a perda de biodiversidade,  fai falta un cambio de mentalidade, outro marco de relación, unha actitude máis respectuosa coa natureza e o medio ambiente.

Refugallos na natureza
Aseo no monte
Bicicleta na natureza

Eu apúntome ao bo trato, e ti?

Niños abrazando un roble

“A terra non pertence ao hombre senón que o home pertence á terra. O home non teceu a rede da vida, é só unha febra dela. Todo o que faga á rede farao a sí mesmo. O que ocorre á terra, ocorrerá aos fillos da terra”.

Jefe Seattle, 1885