Neste xiro podemos descubrir o apaixonante mundo dos cogomelos, convertendo a nosa saída, en función da época do ano en que a fagamos, nunha ruta micolóxica cunha paraxe natural ideal xa que as choivas, tan habituais en Santiago, agasállannos un escenario perfecto para a vida de múltiples cogomelos nos montes e carreiros que medran máis na tempada húmida.
Esta será outra forma de achegarnos ao medio natural. Asombrarémonos coa súa diversidade e polas súas variables formas cores, todas elas por descubrir. Algunhas variedades das que encontre serán comestibles, constituíndo unha moi boa proposta gastronómica.
Os fungos considéranse un reino diferenciado, o reino micetal ou reino fungi. Non son plantas ni animais.
O cogomelo, chamado carpóforo pola Botánica, é a parte visible do fungo e podemos observala no chan, na cortiza de árbores ou en restos orgánicos. No seu interior leva as esporas que ao xerminar podan dar lugar a outros fungos novos. A partir del é posible identificar a especie de fungo. Con todo, incluso na mesma especie os cogomelos, pode variar a aparencia.
Os fungos serven de alimento a numerosos animais e son os responsables do 90% da descomposición de restos orgánicos, constituíndo un elo imprescindible aínda que descoñecido na natureza.
Non todos os cogomelos son comestibles, algúns son velenosos ou tóxicos. A toxicidade prodúcese ao inxerilos, non polo contacto. Incluso hai especies que son tóxicas en cru pero que unha vez fervidas se poden consumir. Non hai ningún truco para saber cales son comestibles ou velenosos para o ser humano, só o seu coñecemento exacto fará que non corramos riscos e evitemos desenlaces tráxicos.
A Amanita phalloides é o cogomelo que máis intoxicacións provoca e as consecuencias da súa inxestión poden chegar a ser mortais.
Non debemos nunca recoller especies que descoñezamos. En caso da máis mínima dubida debemos absternos aínda que iso non quere dicir que non poidamos gozar de buscalos e admiralos.