Etapa 1 Ermida Santa Lucía – Lavacolla

XIROS DE COMPOSTELA

Comezaremos a etapa nas inmediacións da capela de Santa Lucía. Partiremos do quilómetro cero subindo cara a Marrociños por un camiño rodeado de cultivos. Máis adiante chegaremos ao gran Viaduto do Ave, que domina o terreo sobre a parroquia de Ou Eixo.

Continuamos durante varios quilómetros por pistas que nos levan polo monte de Godos en Aríns, cruzaremos por encima do regacho de Estrapuzas ata alcanzar o alto de Zaramacedo. Aquí gozaremos dunha parada e as fabulosas vistas da cidade, que nalgún momento poden ser en compañía dalgún coello ao que sorprendamos coa nosa visita.

O descenso alterna bosques e praderías que nos achegan á aldea de Vilamaior, onde coincide o Camiño Francés con abundantes peregrinos en sentido contrario. Poderemos facer un alto no camiño para descansar e refrescarnos nunha área recreativa que conta cun antigo lavadoiro e unha fonte. Un impulso final aproxímanos a Lavacolla. Continuamos pola ponte que salva o río Sionlla ou arroio de Lavacolla no que, segundo a tradición, e como aparece recollido no Códice Calixtino, os peregrinos lavábanse antes de entrar á Catedral.

A etapa finaliza xunto á Igrexa de San Paio de Sabugueira de estilo clasicista. Nesta zona podemos gozar dunha bonita praza, un cruceiro cunha talla de Cristo sentado e un palco de planta dodecagonal do ano 1990.

Perfil da etapa

Download file: xg-ermita-santa-lucia-lavacolla-gl.gpx

Dificultade

Distancia horizontal:  13,3km

Tempo estimado:  4h 25´

Desnivel de subida:  1109m

Desnivel de baixada: -957

Tipo de percorrido:  Travesía

Como chegar

Camiño Real de Piñeiro

Inicio da etapa: coordenadas

Líña 3: Rúa de Valle Inclán / Praza de Galicia / Rúa da Rosa / Paxonal / Chaparra / Pontillón. Parada: Santa Lucía.

Accesos dispoñibles

Estrada N-525

A vista de paxaro

Ir al contenido