Etapa 8 Monte Gaiás – Monte do Viso

XIROS DE COMPOSTELA

Este tramo empeza aos pés dun conxunto arquitectónico emblemático da Galicia contemporánea como é a Cidade da Cultura, para culminar na cima do Monte do Viso gozando dunha impresionante vista panorámica de Santiago e dos seus arredores.

Iniciamos o noso camiño no alto do Bosque de Galicia, nova reserva forestal da capital que conta cun grande parque para gozo e entretemento do público infantil.

Máis adiante, deixando atrás os Espellos, conxunto escultórico composto de tres pezas, obra de Manolo Paz, atopámonos cun miradoiro desde onde admirar cunha perspectiva única a cidade, co arboredo autóctono nun primeiro plano e o Monte Pedroso de fondo.

A continuación seguimos camiñando cara ao Parque do Lago, onde poderemos gozar da natureza ou relaxarnos nalgún dos seus bancos, co son das ras facendo de acompañamento sónoro.

Pasado este punto, entramos na aldea do Viso onde parece que o tempo se retarda, donde atopamos unha fonte e un lavadoiro de 1859. Posteriormente iniciamos o ascenso ata o miradoiro do Monte do Viso, acompañados de diferentes figuras mitolóxicas: a Lamia, o Nubeiro, o Urco…. para unha vez no cume xunto á escultura de Breogán, contemplar unha espectacular vista panorámica 360º da cidade.

Perfil da etapa

Download file: xiros-de-compostela-etapa-8.gpx

Dificultade

Distancia horizontal: 2,5 Km

Tempo estimado: 0h 50′

Desnivel de subida: 158 m

Desnivel de baixada: –33 m

Tipo de percorrido: travesía

Observacións: debido ao seu réxime de protección, no tramo que discorre polo recinto pertencente ao complexo da Cidade da Cultura non hai sinalización do Xiro.

Como chegar

Monte Gaiás

Inicio da etapa: coordenadas

Liña C6: Costa Vella / Amio / Paxonal / Hórreo / Amio / Pol. Costa Vella. Parada: Multiusos.

Liña C11: Circular de Fontiñas. Parada: Multiusos (en determinados horarios pódenos levar ata a Cidade da Cultura).

Liña 9: Casas Novas / Viso / Multiusos / Cidade da Cultura. Paradas: Multiusos Fontes do Sar o Cidade da Cutura.

Accesos dispoñibles

Varios accesos tanto dende a Avenida Diego Bernal como dende a Cidade da Cultura.

Se viaxas pola AP-9, tes que tomar a saída da Cidade da Cultura.

Coordenadas: 42°52’23.3″N 8°31’38.7″W

E preto tamén podes ver

Paisaxe vista desde o miradoiro

Miradoiro do Bosque de Galicia

Desde aquí pódese apreciar unha impresionante vista panorámica de Santiago e os seus arredores que chega ata localidades tan afastadas como Milladoiro ou Os Tilos.

Coordenadas

Cidade da Cultura

Cidade da Cultura

Impresionante complexo arquitectónico froito do talento do arquitecto norteamericano Peter Eisenman onde se celebran exposicións, concertos, conferencias…

Coordenadas

Rego de Aríns

Senda Mitolóxica

Ruta que arrinca nas faldras do monte que se solapa en parte co percorrido desta etapa e na que se poden apreciar representacións escultóricas de distintas figuras da mitoloxía galega.

Coordenadas

Lago no Parque do Lago

Parque do Lago

Masa acuática que da nome a este parque anexo á Cidade da Cultura onde te podes relaxar entre patos e nenúfares.

Coordenadas

Vista da Catedral desde o Pedroso

Fonte e lavadoiro do Viso

A fonte é unha construción sólida de mediados do S. XIX .  O lavadoiro foi engadido máis recentemente.

Coordenadas

Tamén che pode interesar

Monte do Viso, un percorrido para descubrir un pouco máis da mitoloxía galega

Non todos os deuses habitaron o ceo, numerosas culturas situaron ás súas deidades, os seus mitos, lendas e ritos en montañas, covas e elementos da natureza.

A montaña, en diferentes culturas, foi lugar sacro, morada de Deuses e espíritos: o Olimpo grego, o mítico Monte Meru, o Uluru, o Kailash…

En Galicia, o pai Sarmiento xa describía os rituais para ter descendencia que tiñan lugar no monte do Pindo e admirábase do asombroso crecemento que experimentaban as herbas da noite para a mañá neste lugar.

Así, como testemuña desta Galicia máxica, o monte do Viso, monte con vistas privilexiadas, desde o que se divisa o lendario Pico Sacro, mole de cuarzo cristalizado, alá nos dominios de mítica raíña Lupa, quixo ser morada de seres da tradición popular galega. Na senda mítica, poderemos coñecer aos fuxidíos biosbardos, seres da noite, recollidos na obra literaria de Blanco Amor, o Nubeiro, señor morador dos aires responsable de tormentas e tempestades, os mouros, custodiando tesouros ocultos…

Link to: xp-Etapa 8-Senda mitológicaLink to: xp-Etapa 8-Senda mitológica
Vista panorámica desde o monte do Viso

Outros aspectos culturais do Viso

De diversas formas, este monte tivo moita importancia ao longo da historia

Link to: xp-Etapa 8 – Viso milenarioLink to: xp-Etapa 8 – Viso peregrinoLink to: xp-Etapa 8 – Viso Literario
Ir al contenido