Etapa 2 Lavacolla – A Igrexa (Cesar)

XIRO DE COMPOSTELA

A etapa comeza na escalinata da igrexa clasicista de San Paio de Sabugueira en Lavacolla. Construída no ano 1840, acolle retablos barrocos do século XVIII.

Avanzamos por un lateral para adentármonos a poucos metros no Camiño Francés. Á dereita deixamos o Aeroporto Internacional de Santiago-Rosalía de Castro, para gozar dun carreiro abrigado polas árbores.

A seguinte aldea á que chegaremos, San Paio, sorprenderanos coa súa beleza. Alí poderemos refrescarnos na fonte e descansar á sombra da súa carballeira.

Seguimos o noso percorrido por un tramo do Camiño Francés que pronto deixamos atrás para gozar dos campos e cultivos de Requesende e máis adiante, as Quintás. Alí admiraremos a igrexa de San Xulián de Carballal que combina o estilo románico e barroco, aínda que ten elementos de finais do século XII. O templo, de planta rectangular conta cunha capela anexada a un lateral. Na súa contorna hai tamén un cruceiro con fuste octogonal e capitel con tallas de Cristo sentado, un centro cívico e un circuíto biosaudable.

Adentrámonos nun treito boscoso, onde durante varios quilómetros percorreremos diversas plantacións, con predominio de eucaliptos. Chegando cara ao final da etapa na parroquia de Cesar, teremos unhas excelentes vistas do val pertencente ao concello limítrofe. Na nosa meta poderemos sentarnos nos bancos contiguos á igrexa de Santa María de Cesar, e gozar desta obra barroca do século XVIII e dun cruceiro de fuste octogonal con tallas de Cristo e da Virxe. A pouca distancia atópase o Castro do Casal que ben merece unha visita.

Perfil da etapa

Download file: xg-lavacolla-a-igrexa-cesar-gl.gpx

Dificultade

Distancia horizontal:  11,3km

Tempo estimado:  3h 45´

Desnivel de subida:  918m

Desnivel de baixada: -973

Tipo de recorrido:  Travesía

Como chegar

Igrexa de San Paio de Sabugueira

Inicio da etapa: coordenadas

Líña A6 (extensión Líña 6) Os Tilos – Aeroporto Os Tilos / Castiñeiriño / Restollal / Ponte Pedriña / Ambulatorio / A Rosa / Plaza de Galicia / Virxe da Cerca / San Roque /Pastoriza / San Caetano / Avenida Rodríguez de Viguri / San Lázaro /San Marcos / Aeropuerto

Accesos dispoñibles

N-634 Santiago-Aeroporto

A vista de paxaro