Sapo pinto ibérico

Nome Común: Sapo raxado/pinto

Nome científico: Discoglossus

Sabías que?

O sapo raxado do mesmo xeito que o sapo parteiro, pertencen a unha familia moi primitiva de anfibios anuros, os Discoglósidos. Caracterízanse por posuír unha lingua con forma de disco e que apenas se pode mover xa que está unida na súa base ao padal, polo que non poden estender a lingua para capturar as súas presas, tendo que utilizar a boca: Por iso a súa alimentación limítase practicamente ás capturas de insectos que pasan preto. Aínda que se pode confundir coa ra verde, diferénciase porque o sapo raxado ten un fociño máis longo, a pupila acorazonada e o seu tímpano é apenas visible. Ademais, a súa membrana interdixital está moi pouco desenvolvida, en comparación coa das patas traseiras da ra.
Ir al contenido