Nome Común: Soaxe/Herba das víboras
Nome científico: Echium plantagineum
Sabías que?
Entre os seus principios activos teñen echiína, que é un alcaloide bastante tóxico, semellante ao que usaban os indios en América para envelenar as súas frechas.
Entre os seus principios activos teñen echiína, que é un alcaloide bastante tóxico, semellante ao que usaban os indios en América para envelenar as súas frechas.
É unha Planta herbácea, con talos ramificados. Toda a planta áchase cuberta de pelos ríxidos que dan á planta un tacto microáspero. As follas son lanceoladas. As flores son de cor azul-violeta intensa cos pétaos soldados en case toda a súa lonxitude. As flores soamente teñen pelos sobre os nervios.
Crece de forma abundante en pasteiros ou praderías onde estea baixo a influencia directa do sol. Considérase como unha especie invasora (praga), porén, infesta con máis facilidade os terreos que non están dominados por outras especies herbáceas.
O zume desta planta úsase en cosmética como eficaz emoliente para peles delicadas e pardas. Coas flores fanse cataplasmas para curar furúnculos e uñeiros. Tamén ten usos téxtiles, a raíz dá un colorante vermello que é especialmente usado nos tecidos. Na cociña as follas basais cómense como verdura xunto con outras herbas.