Usos
En medicina pódese usar como adstrinxente, como antibiótico para tratar o tifo, desinfectante natural en casos de enterite. Antigamente tamén se utilizaba para deter algunhas hemorraxias. En uso externo, é eficaz para a limpeza de feridas, xa que ten propiedades cicatrizantes; lavados vaxinais e para as úlceras varicosas.
En canto aos seus usos nutricionais, os gromos novos e a medula dos talos fervidos pódense consumir en combinación con algunhas legumes. Pódense facer infusións coas súas follas, que son ricas en calcio.