Nome Común: Vara de San Xosé / Abrótega
Nome científico: Asphodelus fistulosus
Sabías que?
É unha planta moi tóxica e o gando só o come se non dispón doutro alimento.
É unha planta moi tóxica e o gando só o come se non dispón doutro alimento.
Planta herbácea perenne de curta duración cun talo oco duns 70 cm de altura. Ten forma de guecho con follas redondeadas e ocas que poden ter unha lonxitude de 30 cm. A inflorescencia é unha panícula con flores moi separadas. Cada flor dispón de seis tépalos, que son xeralmente de cor branca ou rosa moi pálida, cunha franxa de cor marrón-avermellada a morada. As súas flores son diúrnas, péchanse pola noite e en días nubrados. O seu froito é ovoide.
Prefire os chans moi secos e ben drenados polo que é unha planta indicadora de sequidade. Entre as necesidades de chans prefire os debilmente acedos pero ricos en nutrientes.
Na etnomedicina valenciana empréganse os seus talos e follas frescas como remedios capaces de curar as feridas.