Natrix maura olargues

Nome Común: Serpe viperina

Nome científico: Natrix maura olargues

Sabías que?

Este réptil garda un gran parecido á víbora en forma e cor, de aí o seu nome. A súa cabeza, de forma triangular e xeralmente cunha mancha en V, é pouco común nunha cobra. Os seus ollos son laranxas. A serpe viperina vive preto da auga. O seu corpo é groso e a súa cola curta; chega a medir un metro aínda que a súa lonxitude media é de 70 cm, a femia adoita ser de maior tamaño. Non é velenosa, aínda que adopta unha postura defensiva imitando o ataque das víboras se se molesta, nunca morde; nin sequera chega a abrir a boca para atacar. Para escorrentar a posibles depredadores emiten un cheiro desagradable ou vomitan.
© Concello de Santiago
Ir al contenido