Lacerta sheiberi

Nome Común: Lagarto das silvas

Nome científico: Lacerta sheiberi

Sabías que?

O lagarto das silvas é unha especie ameazada pola destrución de ribeiras, a contaminación da auga, a tala de soutos fluviais e a destrución de sebes. Permite que te achegues a distancias relativamente curtas. Aínda que inicialmente ten unha reacción de fuxida en canto se presente o perigo, pasado o "susto" inicial é bastante confiado, permitindo achegamentos realmente espectaculares, pois parece que confía bastante no seu mimetismo. Se se collese, podería chegar a morder, sendo a súa mordedura menos potente que a do lagarto ocelado. Estos réptiles adoitan vivir en zonas con moitos refuxios. Ante un ataque ocúltanse entre matogueiras ou pedras e non dubidan en rubir a unha árbore ou tirarse á auga. Tamén son capaces de camuflarse coa contorna. Os machos adultos teñen o dorso verde finamente punteado de negro e durante o celo adquiren unha coloración azul moi intensa na cabeza.
© Concello de Santiago
Ir al contenido