Vípera seoanei

Nome Común: Víbora Seoane

Nome científico: Vípera seoanei

Sabías que?

Este réptil debe o seu nome ao naturalista galego Víctor López Seoane. É a única especie de víbora da Cornixa Cantábrica. Trátase dunha víbora pequena, que en estado adulto non adoita superar os 50 cm., polo que é algo menor que as outras víboras da Península Ibérica. En canto ao seu coloración, é a que presenta máis variación das víboras da Península, con cinco patróns de cor ben diferenciables. A súa mordedura non adoita causar envelenamentos graves en persoas, salvo no caso de anciáns, nenos ou persoas febles de saúde. A toxicidade do veleno varía considerablemente dependendo da rexión de onde procedan os exemplares, sendo estes pertencentes á subespecie Vipera seoanei cantábrica os que presentan unha toxicidade máis elevada.
Ir al contenido