Nome Común: Quitamerendas
Nome científico: Crocus serotinus
Sabías que?
O nome de quitamerendas, fai referencia a que a merenda típica do verán íase quitando do menú diario. Cando saían estas plantas a comezos do outono ao facerse de noite antes, os traballadores do campo íanse antes para casa. Desta maneira, ceábase á noitiña e prescindíase da merenda.