Descrición
O Sabugueiro é un xénero cunha trintena de especies e subespecies. O Sambucus nigra (sabugueiro negro, sabugueiro común) é a especie máis común. O resto de especies, na súa maioría árbores ou arbustos de entre 15 e 60 metros de altura, son moi parecidas.
O tronco ten unha cortiza rugosa, os talos novos son ocos. Con frecuencia crece inclinado, as follas son opostas, con 5 a 7 folíolos, as flores hermafroditas, son olorosas, brancas, de 5 pétaos soldados, organízanse en corimbos terminais bastante aplanados e duns 10 a 25 cm. de diámetro, os froitos son pequenas bagas de 3 a 5mm de diámetro con variedade de cor desde verde a vermella e negra brillante na madurez.