Nome Común: Salgueiro
Nome científico: Salix sp
Sabías que?
Os salgueiros forman parte do bosque de galería, xusto no bordo dos regatos e ríos, coa particularidade de que se fixan intensamente no terreo e son básicos para atenuar as riadas.
Os salgueiros forman parte do bosque de galería, xusto no bordo dos regatos e ríos, coa particularidade de que se fixan intensamente no terreo e son básicos para atenuar as riadas.
E un arbusto de até 12 metros, coas pólas dereitas e alongadas, cortiza de cor parda escura, e madeira, ao desprenderse, a cortiza con costelas lonxitudinais saíntes. As follas son enteiras ou con dentes grosos e pouco marcados, rugosas, cos nervios prominentes, de forma ovalada ou lanceolada e cunha cor verde escura. As flores dispóñense en amentos pilosos que nacen antes que as follas. O froito é unha cápsula que se abre en dúas valvas, con sementes cubertas de pelos esbrancuxados. Florece desde o mes de xaneiro ata marzo ou abril, segundo a localización, e as sementes espállanse co vento. Distribúese, sobre todo, pola Europa atlántica e chega até Inglaterra. É moi frecuente na Península Ibérica.
Tende a vivir en terreos frescos, con preferencia polos pobres en bases, en beiras areosas ou con gravas de ríos, regatos e lagoas, en prados e en valgadas. Áchase desde o nivel do mar ata os 2.000 m de altitude.
Posúe propiedades terapéuticas. Así, a cortiza úsase en procesos febrís, para tratar o reumatismo, a artrite, a gota, a disentería, a diarrea, as neuralxias, as dores de cabeza e os cólicos.