Nome Común: Rusco
Nome científico: Ruscus aculeatus
Sabías que?
Antigamente utilizábano para fabricar vasoiras.
Antigamente utilizábano para fabricar vasoiras.
O Rusco é un pequeno arbusto de 30 a 80 cm de altura e de cor verde escura. Posúe uns rizomas subterráneos dos que saen talos florais masculinos ou femininos. Ten dous tipos de talos, os normais lisos e redondeados e outros cuxas falsas follas son de forma ovo lanceolada de 2 a 3 cm de lonxitude acabadas en punta ríxida e punzante. As súas follas verdadeiras son pequenas e ten entre 3 e 4 mm de lonxitude. Estas follas non fan a fotosíntese e despréndense rapidamente. As flores son pequenas, de cor verdosa e violácea.
Dáse en chans secos e fértiles e en zonas sombrías. Abunda na zona do mediterráneo.
Utilízase para as hemorroides e varices, debido aos seus compoñentes que son vasoconstritoras e antiinflamatorias. Aplícase de forma externa. O que se utiliza é o seu rizoma, a súa raíz e as súas follas. É un redutor natural para a celulite e mellora a circulación. Tamén funciona como diurético. É recomendable para os cálculos da vesícula, axuda á febre e contra a gota e a artrite, xa que axuda a eliminar o ácido úrico. Contén taninos, glucósidos, resina, calcio e potasio.