Senecio jacobaea

Nome Común: Planta de Santiago

Nome científico: Senecio jacobaea

Sabías que?

Dise que recibiu o seu nome científico polo Apóstolo Santiago, de feito non florece antes de final do mes de xullo. Era coñecida como a planta do guerreiro en época romana, xa que cando os guerreiros autóctonos eran feridos de gravidade, conseguían salvar as súas vidas grazas a ela.

Descrición

É unha planta herbácea de flor silvestre que pode alcanzar o metro de altura. As follas teñen 4-5 pares de lóbulos pinnados con entrantes profundos. Os talos culminan nun acio de capítulos amarelo dourados, dispostos en ramalletes densos e ramificados.

Ecoloxía

Esta planta invasora distribúese por toda Europa, habitualmente en espazos abertos e terreos con certo grao de humidade ben drenados. Tamén en cunetas, campos abandonados, noiros, etc. e en chans pobres ou lixeiramente ricos en nitróxeno. Non adoita estar presente en chans moi fertilizados.

Usos

Desta planta extráese un compoñente regulador das funcións menstruais. Tamén ten propiedades sedantes, hemostáticas e cicatrizantes. En homeopatía emprégase a tintura extraída. Emprégase principalmente en infusións e extracto fluído. De sabor acre e amargo. Os animais de pastoreo xeralmente non comen esta planta, porque é velenosa. En caso de intoxicación, non se coñece ningún antídoto.

Ir al contenido