Freixo

Nome Común: Freixo

Nome científico: Fraxinus excelsior

Sabías que?

Hai un refrán popular que di: “En xaneiro, súa o freixo”, que se utiliza como expresión para cando se acumulan demasiadas tarefas en momentos en que non debería habelas.

Descrición

Trátase dunha árbore de folla caduca que pode medrar ata os 30 metros e é capaz de vivir entre 80 e 100 anos. A súa cortiza é lisa cando son novas, e gretada e moi rugosa nos de maior idade, con xemas de cor negra. Follas opostas, con até 15 folíolos ovalados ou lanceolados, de base redondeada, ápice apuntado e bordo serrado, sendo o terminal un pouco máis grande que os demais. O número de dentes é maior que o de nervios secundarios que nacen do principal. As súas flores son pequenas, e aparecen antes que as follas. Poden ser unisexuais ou hermafroditas. Os seus froitos son sámaras de até 4 cm. de lonxitude.

Ecoloxía

Provén de Europa. Onde máis abunda é en España e Portugal, aínda que tamén se pode atopar en países de climas tropicais e Norte América. Adáptase moi ben aos ambientes tépedos. É moi resistente ao vento pola fortaleza das súas ramas e a densidade da súa follaxe, e non soporta temperaturas extremas, seca nin escaseza de humidade ambiental. Tamén é moi resistente aos lugares contaminados e pragas, por tanto, de fácil crecemento nas cidades. Desenvólvese en bosques húmidos e ricos en materia orgánica.

Usos

Ten propiedades medicinais no tratamento de arrefriado común, gripe, febre, alivio de síntomas de estrinximento, hemorroides e hipertensión. En infusión, axuda á eliminación da retención de líquidos e problemas renais. Antigamente usouse para facer varas de lanzas. Os romanos empregárono para construír aramados e tapias pola súa densidade e calidade da madeira. Adóitase empregar para fins ornamentais, en sendas, xardíns e vías públicas. Non necesita moitos coidados. A súa madeira emprégase na fabricación de tarimas de interior, e é moi boa para elaborar mangos de ferramentas, e mobles moi curvos. No deporte utilízase para facer bates de béisbol, arcos, paus de hóckey e raquetas de tenis. Na música, tamén se utiliza para facer guitarras.

Ir al contenido