Descrición
O loureiro é unha árbore dioica, perennifolia, de 5-10 m de altura, cun tronco recto coa cortiza gris e a copa densa, escura, con follas azuladas, alternas, lanceoladas ou oblongo-lanceoladas, de consistencia algo coriácea, aromáticas, co bordo en ocasións algo ondulado. Os ápices miden uns 3-9 cm de lonxitude e posúen un pecíolo curto. O dereito é de cor verde escura lustroso, mentres que o envés é máis pálido. As flores están dispostas en umbelas sésiles de 4-6 flores marelas de 4 pétalos que aparecen en marzo-abril e que están envolvidas antes de abrirse nun involucro subgloboso. O froito é unha baga, ovoide, de 10-15 mm, negra na madurez. Ten semente única de 9 por 6,5 mm, lisa. Madura a principios de outono. Na península Ibérica distribúese no norte e no oeste, nas rexións de clima mediterráneo-húmido. No leste, na área na área mediterránea, non forma grandes masas (pola seca do verán) e refúxiase en barrancos e en valgadas, e no centro da península non está presente debido ao clima continental.