Camiño de Santiago Monte do Gozo

Nome Común: Eucalipto

Nome científico: Eucalyptus

Sabías que?

A palabra Eucalyptus significa “ben cuberto”, o motivo é a gran sombra que xeran.

Descrición

Comprenden unhas 700 especies de árbores e arbustosmoi aromáticos. Os eucaliptos son árbores e plantas medicinais perennes de porte recto. Poden chegar a medir máis de 60 m de altura. As especies que hai no noso territorio son todas introducidas (alóctonas). Nalgúns exemplares a cortiza exterior (ritidoma) é marrón clara con aspecto de pel e despréndese a tiras deixando manchas grises ou pardas sobre a cortiza interior, máis lisa. As follas novas dos eucaliptos son, ovaladas, agrisadas e de forma falciforme. Estas alárganse e tórnanse dunha cor verde azulada brillante. De adultas conteñen un aceite esencial de característico cheiro balsámico, que é un poderoso desinfectante natural.

Ecoloxía

Os Eucaliptos destacan pola súa amplitude ecolóxica, con todo prefiren climas de tipo mediterráneo. Tamén se dan en Australia, onde non hai xeadas severas e dispoñen de auga abundante. Son especies con gran desenvolvemento radical, polo que poden extraer auga de capas moi profundas.

Usos

O aceite esencial das follas de eucalipto é usado como desconxestionante nasal e en infeccións respiratorias. Utilízase en forma de ungüento, en pastillas, caramelos inhalantes, infusións, xaropes ou en vaporizacións. O aceite úsase de forma tópica como tratamento para dores musculares e de articulacións, así como para tratar o herpes labial. Tamén serve como repelente de mosquitos natural. Acaba con microbios e bacterias causantes de procesos infecciosos nas vías respiratorias como a bronquite, a sinusite, a traqueíte e os constipados.

© Concello de Santiago
Ir al contenido