Pteridium aquilinum

Nome Común: Fento

Nome científico: Pteridium aquilinum

Sabías que?

Esta especie asóciase desde antigamente a diversos usos ou crenzas máxicos. Era costume nalgunhas zonas acender lumes no campo coas frondes deste e outros fentos para atraer as choivas.

Descrición

Planta herbácea de até 2 m, con grandes frondes verdes que no outono se tornan na cor parda que caracteriza os fentos. O fronde ten a lámina 3 veces pinnadas, son máis ou menos triangulares e teñen un longo pecíolo, que fai as veces de talo. Presentan longos rizomas subterráneos, a partir dos cales volve a desenvolverse na primavera.

Ecoloxía

Especie subcosmopolita de distribución mundial e ausente en zonas desérticas e subdesérticas que habita desde o nivel do mar até os 2900 de altitude (dependendo do sitio de distribución) aproximadamente sobre chans profundos ben drenados até areosos en zonas frescas con substratos pobres en bases ou lixeiramente silíceos.

Usos

O fento común sintetiza sustancias canceríxenas moi potentes, de efectos fatais sobre o organismo. A pesar disto, consumíronse en comunidades rurais de rexións de Xapón, Filipinas, Nova Zelandia, Estados unidos e Europa: cociñadas, en conservas con vinagre, crúas... Tamén tiveron usos medicinais e, por suposto, ornamentais, sendo unha planta moi apreciada como elemento decorativo.

© Concello de Santiago
Ir al contenido