Digitalis purpurea

Nome Común: Dedaleira / Estalote

Nome científico: Digitalis purpurea

Sabías que?

A planta dedaleiras ou estalote (Digitalis purpurea), é apreciada como ornamental, e polo seu valor medicinal.

Descrición

A (Digitalis purpurea), mellor coñecida como dixital, é unha especie herbácea da familia Escrofulariáceas. Esta planta desenvólvese nun ciclo de 2 anos; no primeiro tras xerminar produce soamente unha roseta de follas basais, ovais, mentres que durante o segundo ano desenvólvese un talo longo de 0,50 a 2,5 metros. As flores forman acios colgantes; son tubulares de ata 5cm de longo, con pétalos de cor que vai desde o amarelo pálido até o rosa intenso por exterior e púrpura no interior da corola. Florecen de xuño a setembro no hemisferio norte, segundo a altitude. A polinización é realizada por abellas.

Ecoloxía

Esta planta é nativa de Europa, o nordés de África e Asia central e occidental. Adóitase atopar en estado silvestre en lindeiros boscosos, en zonas montañosas, cantís. En países de América do Sur como Chile. Prefire os climas tépedos, terreos húmidos.

Usos

A súa flor, similar a un dedal, deu lugar ao seu nome e as súas follas, conteñen unha poderosa toxina, a dixitalina, que afecta o funcionamento cardíaco. Extremadamente velenosas se se consomen, o extracto do principio activo foi empregado como medicación para a arritmia e outras deficiencias cardíacas desde finais do século XVIII.

Ir al contenido