Ficaria verna

Nome Común: Ficaria/Herba das almorranas

Nome científico: Ficaria verna

Sabías que?

William Wordsworth escribiu tres poemas sobre esta planta.

Descrición

Planta herbácea perenne de pequeno tamaño, uns 40cm de lonxitude, con follas verdes escuras e brillantes, comeza a florecer a mediados de inverno e se estende até o principio do verán. Estas follas son amarelas e adoitan estar formadas por 7 ou máis pétalos, podendo chegar a ter 22.

Ecoloxía

Lugares sombreados e frescos, sobre todo nas ribeiras e zonas húmidas.

Usos

Moi empregada no tratamento de hemorroides e úlceras. As follas tenras empréganse para cocidos e ensaladas, aínda que hai que ter precaución xa que, durante a frutificación das follas, tórnanse velenosas.

© Concello de Santiago
Ir al contenido