Descrición
O couselo é unha planta perenne, herbácea e lampa (sen pelos) que pode alcanzar os 15 cm de altura. Está provista dunha cepa da que xorde un talo erecto e simple. As follas teñen un contorno redondeado e o pecíolo sae do centro do limbo, polo menos nas follas da base, dando lugar a esa especie de fochiña que lembra a un embigo. Tanto as follas como o talo son carnosas. Posúen un cáliz diminuto. A súa corola é tubulosa, angulosa, de cor verdoso pero a miúdo con algunhas liñas purpúreas. Florece na primavera e no verán. O froito é un polifolículo con varias sementes pardas no interior. A súa distribución é mediterránea e atlántica. Crece en zonas rochosas de sombrío, incluíndo muros e teitos de casas, tanto en zonas acedas como básicas, desde o nivel do mar ata os 2000 m de altitude.