Castanea sativa

Nome Común: Castiñeiro

Nome científico: Castanea sativa

Sabías que?

Xunto coas landras, as castañas foron complemento alimenticio da comida mediterránea ata aparición da pataca. o castiñeiro é unha árbore de longa vida que pode perdurar máis de 1000 anos.

Descrición

O castiñeiro é unha árbore de crecemento rápido que pode alcanzar os 30 m de altura, un desenvolvemento impresionante en grosor e gran lonxevidade, pois coñécense algúns exemplares milenarios. O seu tronco é groso, corpulento e a veces oco nos exemplares de máis anos. A cortiza é parda, escura e agrétase lonxitudinalmente coa idade, adquirindo un característico estriado oblicuo, como se o tronco estivera retorcido. As follas son simples, caducas, alternas, oblongo-lanceoladas, de 10-25 cm. de largo por 5-8 cm. de ancho e serradas na súa marxe. As flores aparecen en verán. As masculinas agrúpanse en largos e estreitos filamentos amarelos, e as femininas tras a fecundación, encerran as sementes (castañas) nunha cuberta espiñosa chamada ourizo.

Ecoloxía

Esta especie prefire lugares frescos de solos profundos en zonas montañosas con certa humidade durante todo o ano e climas non extremos, é dicir, aguanta mal a seca estival mediterránea e as xeadas intensas do inverno. Crece sobre substratos ácidos ou lavados e desprovistos de cal, desde o nivel do mar até os 1800 m.

Usos

A madeira do castiñeiro é de gran calidade, dura e resistente, apta para vigas, postes e taboleiros. Nas comarcas do norte peninsular era a preferida para a construción de vivendas, cabanas, hórreos e mobles. Porén, é mediocre como combustible. O instrumento musical castañolas, debe o seu nome aos perecido co froito e porque moitas veces confeccionábanse con madeira de castiñeiro. As castañas son un excelente comestible enerxético e alimenticio, que conteñen un 40% de hidratos de carbono. Tamén posúen proteínas, lípidos, sales minerais e vitaminas A, B e C. Como contrapartida tenden a producir flatulencia e estrinximento. Pódense comer crúas, asadas, cocidas ou secas. Usos medicinais: O castiñeiro ten propiedades adstrinxentes (contrae os tecidos e diminúe a secreción das mucosas) que o fan útil en casos de diarrea e afeccións da boca e gorxa. Tamén é antitusivo ou béquico (calma a tose e a irritación de farinxe).

© Concello de Santiago
Ir al contenido