Descrición
É unha árbore árbore de copa ampla, tronco leñoso con gretas lonxitudinais e folla caduca. As súas follas son grandes, simples, en disposición alterna, con estípulas alargadas que caen axiña. Son lisas polas dúas caras, de cor verde intensa polo dereito e máis pálidas, cos nervios ben marcados, pola cara inferior; a súa forma é ovalada, con pecíolo moi curto (2 a 7 mm). Produce flores masculinas, que nacen solitarias ou en grupos de ramalletes do ano anterior. Landras colgantes sobre un longo pedúnculo, ovalado-oblongas, cunha carapucha de escamas case planas a xeito de lousado. Distribúese pola metade norte peninsular e o noroccidente, e chega até Salamanca e Cáceres.