Ecoloxía
Son nativos das rexións tépedas do hemisferio norte, aínda que tamén se introduciron no hemisferio sur e se estenderon por toda Europa, chegando a formar bosques frondosos nas rexións nórdicas, parte de Asia, América do Norte e o norte de África. É común como árbore de ribeira e en aliñacións de paseos e estradas. Crece nas ribeiras dos ríos, marxes de lagoas, encoros e zonas brañegas, convivindo con salgueiros, freixos ou ameneiros; así mesmo non é raro velo xunto aos camiños, estradas e terreos abandonados moi húmidos. Dáse en todo tipo de solos, soportando incluso certa salinidade, e habita desde o nivel do mar até o 1.800 m.