Cirsium tuberosum

Nome Común: Cardo

Nome científico: Cirsium tuberosum

Sabías que?

É o emblema nacional de Escocia. Segundo a lenda, os daneses invadiron Escocia inesperadamente pero ao non usar calzado e na escuridade, un deles pisou un cardo e un berro agudo de dor alertou aos escoceses e evitou unha terrible matanza.

Descrición

O cardo é unha herba perenne cunha roseta basal de grandes follas, cos lóbulos terminados en pequenas espiñas e talos case sen follas, coroados por capítulos solitarios. Como o seu nome indica, a raíz forma tubérculos que garanten a supervivencia para a próxima tempada. Esta Perenne pode chegar a alcanzar 60 centímetros de altura. Florece de maio a setembro.

Ecoloxía

Vive sobre todo en matogueiras, sobre chans acedos relativamente ben iluminados, húmidos, pero tamén en prados, herbais e marxes de cursos de auga. Entre o nivel do mar e 1500 m de altitude.

Usos

Ningún coñecido para esta especie en concreto. Outros integrantes da súa familia si tiveron emprego como medicamento ou alimento. Dise que o rei Enrique VIII era un entusiasta do cardo e que o comía moi a miúdo.

Ir al contenido