Ipomoea purpurea

Nome Común: Campaíña morada

Nome científico: Ipomoea purpurea

Sabías que?

Á ipomea chámaselle tamén gloria da mañá e fai referencia ao ciclo de vida diario das súas flores. Foi chamada desta maneira porque a planta florece cada mañá e morre antes do anoitecer, agás os días nubrados en que pode non florecer.

Descrición

A ipomea destácase por ser unha planta gabeadora ou rubideira. Tamén ten outros nomes como don diego de día, campaíña morada ou hedra morada. Pertence á familia das convolvuláceas. Atópanse na súa maioría en América e África e medran en ambientes tropicais. Son característicos os talos delgados e fráxiles que se adaptan á contorna en que crece, rubindo e enredándose nalgunhas outras plantas ou construcións artificiais. As súas follas son de forma de corazón e a súa flor é moi parecida a unha campá, con varias cores: púrpura, violeta, rosa e branco. Na península atópase en zonas costeiras de clima cálido en menor medida en enclaves abrigados do interior. Pode chegar a desaparecer cando se produce unha forte xeada.

Ecoloxía

A ipomoea é cultivada hai moito tempo en Europa, onde chegou a adaptarse en lugares rurais das zonas baixas e medias. A súa floración é na primavera e no verán, aínda que pode chegar a verse durante todo o ano. Reprodúcese por sementes.

Usos

É ideal para cubrir pérgolas, valos, materiais inertes e acivros. Necesita dun sostén de axuda, que lle permita expandirse e desenvolverse. É unha especie que require moi poucos coidados. Ideal para xardíns de baixo mantemento, libres de xeadas.