Nome Común: Carqueixa
Nome científico: Glandora próstrata
Sabías que?
Tamén se coñece como lenguaza portuguesa, ou Carqueixa, Herba das doas ou Herba das sete sangrías, entre outros nomes en galego.
Tamén se coñece como lenguaza portuguesa, ou Carqueixa, Herba das doas ou Herba das sete sangrías, entre outros nomes en galego.
A carqueixa (Glandora prostrata) é unha planta da familia boraxináceas. É un subarbusto ou planta leñosa de 10 a 60 cm. de alto, con follas sen pecíolos, estreitamente elípticas lineares. Corola de 1 a 2 cm. azul ou avermellada, cos 5 pétaos soldados para acabar constituíndo un tubo. Os pelos son máis finos e máis densamente dispostos. Florece e frutifica case todo o ano, principalmente de setembro a decembro.
Podémola atopar no suroeste e noroeste da península ibérica. No noroeste de África, no noroeste de Marrocos. Xeralmente crecen en matogueiras e sotobosques, noiros rochosos, chans acedos.
Esta planta pódese usar de forma ornamental. Pode usarse para acalmar as dores da gota.