Euonymus europaeus

Nome Común: Bonete de crego

Nome científico: Euonymus europaeus

Sabías que?

É nativo do centro de Europa, mais a súa expansión levouno a case todo o continente.

Descrición

Arbusto ou árbore pequena cunha altura de entre 3 e 6 metros, as súas ramas de casca lisa e cor gris claro son abundantes. As súas follas caducas son dentadas e as súas flores de cor claro agrúpanse en pequenos acios. A súa froita madura en outono, data na que acadan unha cor alaranxada tirando a vermello.

Ecoloxía

Nativa do centro de Europa, aínda que se estendeu até chegar a Galicia, onde medra, habitualmente, nos Ancares, xa que o habitual é que se estendan en terreos pobres en sales.

Usos

As súas froitas usábanse como insecticida e como remedio contra a sarna. Tamén se utiliza para a ornamentación.