Acer pseudoplatanus

Nome Común: Cantarela ou Pan de cabra

Nome científico: Cantharellus Cibarius

Sabías que?

A cantarela úsase en cosmética para elaborar cremas bronceadoras.

Descrición

Cogomelo de textura consistente, con sombreiro carnoso, convexo e logo deprimido, con superficie lisa de cor amarela xema. Baixo o sombreiro ten pregues (non láminas) moi decorrentes. Non se diferencia sombreiro e pé; este é groso cilíndrico e carnoso, ensanchado na cima. A súa carne, branca e amarelecida nos bordos, é compacta e algo fibrosa. É moi difícil que se vexa afectado por parasitos. Ten un cheiro intenso a orellóns (albaricoque ou pexego seco).

Ecoloxía

Podemos encontralas sobre todo preto de aciñeiras e carballos en terreo con musgo no verán e en outono.

Usos

Culinario: Pode consumirse fresco, seco, en conserva ou afumado, guisado ou salteado. En arroces, tortilla, sopa, salsa ou como gornición. Ten un certo sabor picante. Utilízase para a elaboración de colorantes alimentarios. Medicinal: ten un alto potencial nutritivo e propiedades antioxidantes, antiinflamatorias, antivirais, antifúnxicas e antidiabéticas, entre outras.

© Concello de Santiago
Ir al contenido