Boletus reticulatus

Nome Común: Andoa de verán

Nome científico: Boletus reticulatus

Sabías que?

É un cogomelo de excelente calidade pero debe de consumirse con prontitude xa que é moi propenso á aparición de vermes.

Descrición

Cogomelo cun pé bulboso e inchado e un sombreiro convexo, grande e xeralmente redondo, que pode chegar ata os 40 centímetros de diámetro. Posúe unha cutícula marrón aveludada que se agreta ao secar. As fendas e poros do himenio son inicialmente brancos mais escurecen coa idade e cara ao amarelo pálido e finalmente ao marrón. O pé é central e rolda os 30 cm de altura, cun patrón reticulado fortemente marcado dunha cor branca a marrón variable. A carne é branca, grosa e permanece firme. A medida que o fungo envellece vai amarelando. Ten un olor agradable. Adoita ser parasitado frecuentemente por larvas de insectos.

Ecoloxía

Crece comunmente en bosques caducifolios pero sobre todo á sombra de frondosas (carballos, faias, castiñeiros e incluso aciñeiras), aínda que algunhas veces podémolos atopar debaixo de coníferas. Xorde en pequenos grupos, principalmente desde finais da primavera ata comezos de outono se atopa humidade.

Usos

Culinarios: Sabor e versatilidade altos para la preparación de diferentes pratos.

Ir al contenido