Nome Común: Andoa dos piñeiros
Nome científico: Boletus pinophilus
Sabías que?
A andoa dos piñeiros é o primeiro dos boletus comestibles en aparecer en primavera despois das tronadas.
A andoa dos piñeiros é o primeiro dos boletus comestibles en aparecer en primavera despois das tronadas.
Este cogomelo, cun porte moi robusto, pode alcanzar uns 30 cm de altura e outro tanto de diámetro. O sombreiro, ao principio, é esférico, pero despois adquire forma aplanada e convexa. A súa cutícula é lisa, aveludada e non se separa. De cor parda avermellada, non se volve azulada ao cortalo. Cando é novo é liso pero segundo transcorre o tempo vaise enchendo de protuberancias que lle dan un aspecto irregular. O himenio está composto por tubos e poros que van modificando a súa cor co tempo: brancos, amarelados e verdosos. Son redondos, moi apertados e desiguais. Non cambia co contacto. O pé, de cor marrón clara e moi groso, pode superar o diámetro do sombreiro. Son frecuentes os exemplares que superen o quilo de peso.
Podémolo atopar en piñeirais, no breixo e no sotobosque de faiais durante todo o ano menos no inverno. Precisa dun solo ácido para desenvolverse. Crece na primavera e no verán coas choivas e principalmente no outono.
Culinario: excelente comestible. O seu sabor é doce. Medicinal: posúe propiedades beneficiosas para o sistema inmunitario e para o tratamento da anemia entre outros.