Boletus edulis

Nome Común: Andoa/madeirudo

Nome científico: Boletus edulis

Sabías que?

Para medrar, o Boletus edulis necesita de bosques lonxevos.

Descrición

Andoa e un Cogomelo cun sombreiro ao principio semiesférico coa marxe rodeando o pé e despois convexo. Pode chegar aos 25-30 cm. Ten cor marrón clara, máis escura no centro e esfumada nos bordos, onde finaliza cun reberete branco. A carne tamén é branca. Posúe unha cutícula lixeiramente viscosa en tempo húmido. Co tempo adopta consistencia esponxosa e perde firmeza. Ten himenio con tubos libres e longos, facilmente separables da carne e inicialmente brancos, que pasan a amarelentos coa madurez e despois a verdosos. Os seus poros son circulares da mesma cor que os tubos. O pé é groso, moi panzudo (de novos pode superar o diámetro do sombreiro) e cunha cor algo máis clara que o sombreiro, dun amarelo claro que vai tornando a marrón avermellado. Non se volve azul ao corte. Olor e sabor perfumado, moi agradables

Ecoloxía

Medra preto de carballos, faias, piñeiros, castiñeiros e tamén lle gustan os fentos e os breixos Adoita aparecer de 12 a 16 días despois das choivas, en solo ácido. Non soporta as xeadas fortes e sae de finais de verán ata finais de outono

Usos

Culinario: é un dos cogomelos máis deliciosos que podemos encontrar. O seu suave sabor a froitos secos como a abelá fano ideal para todo tipo de pratos.

© Concello de Santiago
Ir al contenido