Descrición
E unha árbore de altura media, caducifolia. As follas, de cor verde escura e un pouco máis clara polo envés, teñen o limbo redondeado e a extremidade truncada e permanecen verdes ata que caen; posúen, nas axilas do envés, uns pelos esbrancuxados ou avermellados. Brotan na primavera, como pilosas e quedan sen pelos en pouco tempo.
É de grande interese desde o punto de vista ecolóxico xa que as súas formacións son eficaces fixadoras e protectoras das ribeiras, á vez que a súa densa sombra favorece a vida dos peixes.