Corylus avellana

Nome Común: Abeleira /Abraira

Nome científico: Corylus avellana

Sabías que?

Existen probas documentais do cultivo da abeleira desde o S. IV a.C. e restos fósiles que demostran o consumo do seu froito, a abelá, xa no Mesolítico e o Neolítico.

Descrición

Árbore de folla caduca cunha altura que vai do tres ao oito metros aínda que normalmente non supera o cinco, de copa irregular e ramas que nacen xa desde o tronco, follas de bordos dentados e redondeadas e cunha cortiza estriada cor marrón pálido ou agrisado. A floración prodúcese na primavera antes do nacemento das follas. A flor masculina é de pétalos amarelos e a feminina é unha xema da que brotan os *etilos que son dun vermello intenso.

Ecoloxía

O seu ámbito de distribución de forma natural vai desde o norte de Asia até o Norte de África. Favorece a súa presenza a existencia dun nivel mínimo de humidade que favoreza a frutificación e desenvolvemento do seu froito. É, de feito, moi sensible á seca.

Usos

Como se dixo anteriormente, o consumo do seu froito, a abelá, foi parte da dieta humana desde fai miles de anos. Dun alto valor enerxético, cómense crúas ou torradas, empréganse na elaboración de fariña, orchata, turróns e doces...