Cytisus scoparius

Nome Común: Xesta

Nome científico: Cytisus scoparius

Sabías que?

Contén esparteína en talos, follas e froitos que en grandes doses provoca vómitos, debilita o corazón, deprime células nerviosas, diminúe a presión sanguínea e actúa sobre o corazón como a cicuta, que en doses elevadas pode provocar a morte. Ademais, atribúenselle propiedades afrodisíacas.

Descrición

Trátase dunha planta arbustiva perennifolia que pode alcanzar máis de 2 metros de altura, con ramas delgadas e estriadas, de cor verde. Flor amarela e papilonada. O seu froito é un legume negro que contén unhas 6-7 sementes de cor marrón escura ou negra.

Ecoloxía

Distribúese por case toda a península ibérica e pola Europa atlántica. Considerada invasora nas Illas Canarias.

Usos

Ten uso medicinal polas súas propiedades cardiotónicas e estimulantes. As propiedades cardiotónicas son controvertidas e o seu gran uso é como diurético e antiedematoso. É un estimulante das fibras do útero pola súa acción oxitócica, e normalizador da hipotensión arterial. En cosmética, o extracto das flores utilízase como tónico. As ramas posúen unha fibra téxtil que se utiliza para facer cordeis e sacos. É moi utilizada en cestaría, tellados de cabanas e casas, cercados, escobas, etc. En paisaxismo utilízase para contención de terreos e como ornamento en xardíns. No ámbito alimentario, os talos verdes utilizáronse para dar amargor a algunhas cervexas e as sementes tostadas, como substituto do café. Os botóns florais utilízanse en conservas en vinagre. Por último, cabe mencionar o seu uso para forraxe.

Ir al contenido