Salix viminalis

Nome Común: Vimbieira

Nome científico: Salix viminalis

Sabías que?

A deusa Atenea encerrou o corazón do mozo Zaegro nun cesto de vimbio, xa que os titáns se comeran todo o seu corpo a excepción do músculo da vida. Desta maneira, Zeus logrou facelo nacer por segunda vez e baixo o nome de Iaco, que pasaría á historia co nome Dionisio: «dúas veces nado».

Descrición

Arbusto grande que pode acadar ata os 10m de altura. As súas ramas (vimbios), finas e longas, nacen duns brotes que saen a miúdo, sobre todo en primavera e verán, Estas ramas son moi flexibles, por iso se utilizan na confección de cestas.

Ecoloxía

Crese que é orixinaria do centro de Europa, mais é unha planta que se cultiva en Galicia desde hai séculos. Xa que precisan moita humidade, adóitanse plantar á beira dos ríos.

Usos

Os vimbios úsanse, desde o Neolítico, para crear cestas.