Juncus effusus

Nome Común: Xunca

Nome científico: Juncus effusus

Sabías que?

Esta planta é moi útil en restauracións ambientais, e tamén pode tolerar períodos longos de seca.

Descrición

A Xunca (Juncus effusus) é unha herba da familia xuncáceas. Cunha altura de 30 a 100 cm. ten un aspecto robusto, de talos cilíndricos, lisos ou lixeiramente estriados, sen follas, de cor verde pálido. As flores agrupadas en varios acios desde un mesmo punto. Adoitan aparecer a finais de primavera e no verán.

Ecoloxía

É unha planta repartida por toda Europa, oeste de Asia. É xeral na Península Ibérica, pero é máis frecuente na metade este e no norte. Vive en lugares húmidos, zonas encharcadas, fontes, bordos de pantanos e ríos.

Usos

Esta planta é moi útil para o tratamento terciario en depuradoras, implantada sobre gravas ou limos nas ribeiras. En xardinaría pode poñerse á beira da auga ou próximas a esta. Moi útil tamén en restauracións ambientais en zonas húmidas (encharcamentos, pantanais). Tamén poden facerse cestos, recipientes, envoltorios, con esta planta.

Ir al contenido