Ulex europaeus

Nome Común: Toxo

Nome científico: Ulex europaeus

Sabías que?

A inxestión das súas sementes, ricas en alcaloides, poden resultar tóxicas.

Descrición

Arbusto que pode alcanzar os 2,5 metros de alto. Ten talos espiñentos erectos ou rastreiros moi ramificados. As follas son trifoliadas cando son novas e segundo van medrando as espiñas convértense en escamas. As súas flores son amarelas e abundantes. Os froitos son pequenos e as vaíñas peludas, que cando estalan liberan as sementes.

Ecoloxía

É autóctona no norte de España. Necesita humidade ambiental, polo que prefire os climas con influencia marítima e chuviosos. En Galicia e na cornixa cantábrica forma extensas matogueiras. É unha especie pioneira, colonizadora de chans espidos e erosionados, que no norte de España viuse favorecida polos incendios forestais. Rexenérase rapidamente despois do lume, tanto por rebrote de raíz como pola xerminación de sementes latentes.

Usos

Medicinal: As súas flores serven para tratar enfermidades do fígado e para o tratamento do tabaquismo. Tamén se usa como cardiotónico e contra a xaqueca.
Veterinario: Utilízase o cocemento da flor para fortalecer o corazón e para lavar feridas na pel e o tecido subcutáneo de animais, a raíz e cortiza de carballo para mellorar o sistema dixestivo das vacas.
Combustible: Ten unha madeira dura e densa, polo que se utilizaba como combustible para fornos de pan.
Ambiental: Antigamente usábase para facer a cama aos animais e para producir esterco.
Tamén é prezado para pequenos traballos de carpintería como: caxatos artesanais, badalos, etc,

Ir al contenido