Adenocarpus complicatus

Nome Común: Codeso

Nome científico: Adenocarpus complicatus

Sabías que?

Desde tempos inmemoriais, podes pedir un desexo e anoar as súas ramas para que se cumpra, quizabes por ser na antigüidade un arbusto sagrado.

Descrición

Arbusto de até 3m de altura con ramas estriadas en sentido lonxitudinal e moi ramificado. As súas follas poden ter moitas formas: fasciculadas, acuminadas ou triangulares. Florece durante o mes de xuño e o seu froito está dentro de vaíñas, similar aos legumes.

Ecoloxía

Adoita medrar en terreos deforestados e baldíos.

Usos

É unha das sete herbas de San Xoán, polo que se considera que ten propiedades máxicas e medicinais.

© Concello de Santiago
Ir al contenido