Anas platyrhynchos

Nome Común: Parrulo

Nome científico: Anas platyrhynchos

Sabías que?

Para procrear os machos comezan a perseguir ás femias sen cortexo algún, tratando de aparearse con elas á forza. A femia porá de tres a doce ovos, que eclosionarán pasados entre 15 e 27 días, e permanecerá soa no coidado das súas crías, que en apenas dous ou tres meses xa estarán preparadas para voar (de feito son case independentes desde o primeiro día, alimentándose por si mesmas). O parrulo real prefire as augas pouco profundas, de menos dun metro, evitando as máis profundas.
© Concello de Santiago
Ir al contenido