A Alameda en 1837

Nome Común: Paporroibo / Paifoco

Nome científico: Erithacus rubecula

Sabías que?

O paporroibo (tamén chamado paifoco) é un paxaro sociable, atrevido e curioso. O seu canto é un rechouchío musical, parecido ao do reiseñor. Son aves moi confiadas cos humanos, especialmente cando realizan labores no campo. Ao cavar acoden rapidamente en busca das larvas de insectos e lombrigas que quedan ao descuberto. O seu peito é de cor alaranxada moi viva e emprégaa como sinal de aviso xunto aos seus trilos, ante aqueles intrusos que penetran no seu territorio. Se un destes insiste en ficar, o paporroibo achegarase a el e adoptará posturas de ameaza, consistentes en exhibir a mancha colorida en toda a súa amplitude. Ante tal demostración, o entremetido adoita fuxir sen que, polo xeral, cheguen ao combate.
© Concello de Santiago
Ir al contenido