Pega rabilonga común

Nome Común: Pega

Nome científico: Pica pica

Sabías que?

É unha das aves máis intelixentes e crese que é máis intelixente que a gran maioría dos animais. Este córvido de ollos pequenos e longo pico é de comportamento nervioso, ante calquera eventualidade emite rapidamente sinais de alerta. O seu canto non é dos máis melodiosos dentro do reino animal, emite un penetrante chac-chac-chac, sendo frecuentemente descrito como unha especie de asubío de alarma. De natureza omnívora, inclúe no seu menú un variado número de alimentos. Durante o inverno pode volverse preeira buscando alimentos entre o lixo. Se se topan co cadáver dun animal grande, emiten uns grallos estrepitosos para atraer a atención de voitres e corvos, para que rompan a pel das súas presas e poder así alimentarse. A súa media de vida é de 15 anos.
© Concello de Santiago
Ir al contenido