Urtica

Nome Común: Ortiga

Nome científico: Urtica

Sabías que?

O remedio que usaban os labregos galegos, para evitar o proído causado pola ortiga, é fregar a zona do corpo afectada coas follas de menta, xa que contén principios antisépticos. O máis curioso é que son dúas plantas que conviven xuntas, polo que se te picas sempre terás a man unha menta coa que aliviar a molestia.

Descrición

É o nome de varias plantas herbáceas da familia das urticáceas, de tallo erguido e con pelos nas follas. A ortiga maior (a máis común) mide entre 50 e 150cm. A característica máis coñecida é a presenza de pelos urticantes que, ó rozalos, producen un intenso proído.

Ecoloxía

Son cosmopolitas, pódense atopar en calquera lugar: camiños, regatos, currais, hortas, pegadas aos muros... sobre todo en chans húmidos e ricos en nitróxeno.

Usos

Aínda que provoquen proído, frotalas contra o corpo melloran o rego sanguíneo. Para evitar esta molesta, pódense ferver e usar a auga co mesmo cometido.